Ultímase o acondicionamento da oficina de turismo da alameda para a súa próxima apertura

A área municipal de Turismo, que dirixe o concelleiro Manuel Dacal, procede estes días ao remate do acondicionamento da Oficina de Turismo da Alameda, co obxectivo de que poda estar aberta en breve.

A oficina está sendo decorada con fotografías dos monumentos, lugares e eventos máis característicos do Carballiño, como son o Templo da Veracruz, o Parque Municipal, o Gran Balneario, o Balneario das Caldas, o Parque Etnográfico do Arenteiro e a Festa do Pulpo, entre outros.

AVANTAR ACTIVIDADES

Trátase de sintentizar en imaxes os principais atractivos turísticos do Carballiño, ao tempo que se mellora o aspecto xeral da oficina, que hai tempo que non se renovaba e que é o principal centro de información turística da vila e comarca durante o verán.

Nos próximos días completarase a instalación do mobiliario interior e procederase a sinatura dun convenio coa Xunta de Galicia para poder contratar  a dúas persoas, axentes turísticos, que se farán cargo da atención ao público e visitantes durante a tempada de verán.

A previsión é que antes de final de mes se poda abrir a oficina, que estará aberta todos os días en horario de mañá e tarde, incluidas as fins de semana e días festivos, ata o mes de setembro.

A raíz da construcción do no novo parque infantil, que precisou ampliar o espazo que ocupaba anteriormente, esta oficina tivo que desprazarse uns metros, e aproveitouse esta circunstancia para renovar a súa imaxe, que a partir de agora resultará máis consubstancial coa función que desempeña.