Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 93 contaxiados ( +17 ). O Concello do Carballiño presenta hoxe 64 casos activos, once casos máis ca onte.
Boborás sobe un caso, ata os seis contaxios. O Irixo, cun caso máis, tamén conta con seis contaxios. Beariz mantén cinco casos activos. Maside, que tiña 3 casos pasa tamén os 5 contaxios. Piñor sobe un ata os catro casos. San Amaro mantén dous casos e San Cristovo de Cea, libre de covid, conta hoxe cun caso. Punxín é o único libre de coronavirus.