Galicia non frea a evolución da pandemia, con 1.253 contaxios nas últimas 24 horas

A comunidade galega rexistra hoxe 1.253 contaxios, un ritmo de novos positivos que ascende con respecto ós últimos días. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 8.319, unha cifra que ascende en mais dun milleiro de casos nesta xornada. Do total de pacientes positivos en Galicia, 14 (=) están en UCI, 82 (+17) en unidades de hospitalización.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta unha cifra similar á de onte. A provincia rexistra hoxe 207 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais soben en 188 persoas con respecto a onte, ata os 1.617 casos activos. Os hospitais hoxe presentan un descenso. Contamos con 15 (-3) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 3 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES