O próximo martes o Sergas convoca un cribado voluntario no Paco Chao entre os 16 e os 35 anos

A situación de novos contaxios na comarca do Carballiño preocupa ás autoridades sanitarias. Un único concello está libre de covid e os demais medraron exponencialmente na última semana. Se tes entre 16 e 35 anos e vives nos concellos da Comarca do Carballiño, o próximo martes día 20, no Pavillón Polideportivo Paco Chao, realizarase un cribado voluntario. Haberá un total de 3.000 prazas para realizarse a proba. As inscricións poden facerse no enlace: https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx

Publicidade

Recibirás un SMS de confirmación.