A Xunta apoia cunha axuda de máis de 42.000 euros a construción dun depósito de auga potable en Montederramo

A Xunta apoia cunha axuda de máis de 42.000 euros a construción dun depósito de auga potable no núcleo de Paredes, no concello de Montederramo

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, supervisou esta mañá, acompañado do alcalde, Antonio Rodríguez, as obras de construción do depósito de auga potable no núcleo de Paredes, en Montederramo, unha actuación que se está a executar coa axuda concedida por Augas de Galicia ao Concello de 42.600 euros.

AVANTAR ACTIVIDADES

O delegado territorial explicou que a actuación ten como obxectivo garantir auga potable á poboación de Paredes, que na actualidade posúe captacións deficitarias que fan que durante o verán o recurso sexa insuficiente.

Gabriel Alén subliñou que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade continúa prestando o seu apoio técnico e financeiro ás entidades locais para axudalas a desenvolver de xeito eficiente as súas competencias de saneamento, depuración e abastecemento.