A Deputación implica á mocidade no desenvolvemento da provincia recollendo as súas propostas a través do concurso “Escoita”

O instituto de Educación Secundaria Xesús Ferro Couselo acolleu a presentación e posta en marcha da iniciativa “A Deputación Escoita”, pensada como canle directa de participación da xente nova coa administración provincial. No acto participaron o presidente provincial, Luis Menor; a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Xunta, Judith Fernández Nóvoa; e a directora do IES Xesús Ferro Couselo, Ana María Gómez Mesejo.

O presidente da Deputación, Luis Menor, agradeceu ao equipo directivo e alumnado a súa presenza na presentación do proxecto. “Un gobernante debe tomar decisións coñecendo a máxima información posible”. Nesta liña dixo que “escoitar aos alumnos de 2º de bacharelato é fundamental, xa que estades ao final do ciclo formativo obrigatorio e tedes opinión propia e capacidade crítica e de análise para contribuír a mellorar a nosa sociedade”, avanzou Menor, sinalando que “queremos que a mocidade participe propoñendo iniciativas que contribúan a un mellor desenvolvemento da provincia, e sobre todo naqueles ámbitos que lles afectan máis directamente aos máis novos”.

AVANTAR ACTIVIDADES

A primeira edición do certame “A Deputación Escoita” está orientado aos 1.500 mozos e mozas de 2º de Bacharelato dos 32 centros educativos de Educación Secundaria de toda a provincia, e consta de dúas modalidades: para a mocidade emprendedora (que consiste no deseño dun logo para o proxecto “A Deputación Escoita”, e a titulada “un futuro para Ourense”, consistente nun documento de propostas, demandas ou iniciativas que melloren a provincia. O xurado seleccionará as 5 mellores proposta de cada modalidade, que serán premiadas con cinco entradas para o concerto de Ed Sheran na primeira modalidade; e coas correspondentes entradas para os cinco autores seleccionados do Festival O Son do Camiño

Unha vez as bases sexan publicadas no Boletín Oficial da Provincia, o prazo de presentación dos traballos participantes rematará o 30 de abril.