O BNG reafírmase na necesidade dunha empresa pública enerxética galega

Desde o grupo provincial do BNG, Bernardo Varela observa con preocupación que a pesares das reiteradas advertencias trasladadas nas institucións e decara a cidadanía nos últimos anos polo Bloque, os peores pronósticos vense superados día trasdía, e a falta de capacidade absoluta de control por parte das administracións fai que as grandes corporacións eléctricas cheguen a amenazar xa non só ás economías familiares senontamén o tecido productivo do País, que difícilmente será quen de soportar este incrementotarifario sen fin.

Para chegar a comprender o atraco, baste indicar que o ano pasado por estas datas asempresas de xeración hidroeléctrica poñían no mercado o MegaWatio por entorno os vinteeuros, gañando cartos. Este ano coa mesma materia prima (a auga dos nosos encoros) vendenese mesmo MW a mais de 120 €, sacando tempo para decir que non ganan mais diñeiro.As propostas defendidas polo BNG no pleno provincial da Deputación de Ourense, no mes dexuño, para establecer uns novos criterios na fixación do prezo da luz: como que o prezo daenerxía se estipule en función dos custo de xeración de cada tecnoloxía, e non comoactualmente, en que as tecnoloxías máis caras son as que marcan o mesmo, permitindo que ooligopolio eléctrico condicione un mercado sen que outro actor (unha empresa pública galega,como as que hai en Francia, Italia, Alemania, …) sirva de contrapunto.

AVANTAR ACTIVIDADES


Por eso unha vez mais, reiteramos que a recuperación para o sector público de todos aquelessaltos hidráulicos cuias concesións están a piques de caducar, debe ser un obxetivo dasociedade galega, e polo tanto dos partidos políticos que a representan. Desgraciadamente aPP e PSOE nin están, nin se lles agarda nesta demenda. Namentres a sobre explotación dosrecursos hídricos dos encoros entregados na época da dictadura o sector privado, comprometea calidade ambiental dos ríos que suministran a auga á veciñanza e impiden a compatibilizacióndo seu uso para actividades lúdicas.
Despois de semanas marcando máximos históricos nos prezos da electricidade, afirma Varela,non é aceptable “que Partido Popular e PSOE sigan de perfil mentres se negan a apoiar assolucións que desde o BNG se poñen enriba da mesa, permitindo que o oligopolio eléctricomarque os prezos deste ben básico”.

“Desde o nacionalismo galego levamos moito tempo defendendo que a enerxía é un benpúblico e non pode estar sometido á especulación. E para garantir que isto sexa así é necesariorecuperar a participación pública dun sector que non pode estar só en máns dun oligopolio.”Indica o voceiro nacionalista..