Presentación de Mazarelos: revista de historia e cultura no cuartel vello de Taboada

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Asociación Cultural O Carballo e Mazarelos organizan un acto, en colaboración co Concello de Taboada, para a presentación do número 12 da revista Mazarelos. O evento celebrarase o sábado 16 de marzo ás 20h no Cuartel Vello de Taboada. Contará coa participación de Alexandre Varela Rubín, historiador e membro da A.C. O Carballo; David Miguel Rodríguez Martínez, historiador e editor de Mazarelos; e Manuel Diéguez Vázquez, Concelleiro de Cultura de Taboada.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Mazarelos é unha revista en papel de carácter divulgativo e periodicidade cuatrimestral, que publica contidos variados sobre a historia e cultura de Galicia. Cada exemplar contén, entre outros, un artigo sobre un proxecto, iniciativa ou agrupación de carácter cultural para dar a coñecer a súa historia, actividades e características. Neste último número publicouse o artigo ‘A.C. O Carballo: Orixe e metamorfose dunha iniciativa cultural nun concello rural (1985-2023)’, que fala da experiencia desta organización, do relevo xeracional e dalgunhas das principais liñas de acción que desenvolven neste concello.