A comunidade galega rexistra hoxe 1.451 contaxios, un ritmo de novos positivos que aumenta a liña dos últimos días. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 13.963, unha cifra que ascende en preto dun milleiro de casos nesta xornada. Do total de pacientes positivos en Galicia, 22 (+1) están en UCI, 153 (=) en unidades de hospitalización.
A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexistra hoxe 165 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais soben ata os 2.285 casos activos. Os hospitais hoxe presentan un ascenso. Contamos con 38 (-5) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (=) na UCI.