Ribadavia crea a primera Comisión de Seguimento da covid-19

IES CHAMOSO LAMAS

Hoxe tivo lugar a primeira Comisión de Seguimento Covid-19 do concello de Ribadavia. É a primeira vez que se convoca e ten o obxectivo de coordinar a todas as administracións de cara a adoptar medidas de seguridade e prevención. A alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez, propón que se manteñan reunións con este fin cada 15 ou 20 días e manter a comunicación a través dunha canle de contacto.

Nesta reunión participaron o equipo do goberno local, liderado pola súa alcaldesa; os voceiros e voceiras dos partidos que forman a corporación (PP, BNG); a xefa do centro médico de Ribadavia, María Gómez; representantes da Policía Local, Garda Civil, Protección Civil e os directores dos centros educativos A Galiña Azul, IES O Ribeiro, CEIP Ribadavia e C.R.A. Amencer. Todos eles amosaron a súa satisfacción pola creación deste grupo e a súa participación activa.

OZOCOgz Deseño Galego

Esta comision é un compromiso adquirido polo goberno municipal, e establécese coma unha ferramenta importante para ter informacion detallada de primeira man de cada administración e para a coordinación entre os diferentes membros desta comision, e para adoptar decisións de maneira conxunta e máis eficaz. E, como consecuencia, unha ferramenta para manter á veciñanza informada.

Así, fixáronse algúns obxectivos: maior información e coordinación entre administracións; crear concienciación social a través dunha campaña que reforce a prevención e cumprimento das normas e de xeito máis inmediato, reforzar a prevención na ponte de San José.

Desde o Concello quixeron destacar a gran labor de todos os sectores profesionais que loitaron contra a Pandemia desde o primeiro día, e que demostraron que Ribadavia está nas mellores mans. E tamén queren enviar o seu apoio a todas as persoas afectadas pola covid.

PUBLICIDADE