Beariz reduce os casos ata 18 e cinco concellos da comarca están libres de coronavirus

O Concello do Carballiño sobe hoxe un caso activo, pasando dos 5 de onte ós 6 de hoxe. A tendencia á baixa mantívose durante os últimos días, chagando a cifras tan optimistas coma as do verán. A comarca baixa tamén os casos, sumando un total de 29.

Beariz segue sendo o punto máis preocupante da comarca, aínda que na xornada de hoxe baixou 11 casos e na de hoxe baixou 3. O total de contaxiados a día de hoxe suma 18 persoas. A maioría de estes casos proveñen da Residencia San Antonio, que ten tanto residentes coma traballadores contaxiados. Onte notificouse o único falecemento da provincia, a segunda persoa residente.   

AVANTAR ACTIVIDADES

O resto de concellos mantéñense estables. Maside ten un total de catro contaxiados e O Irixo pasou a ter un caso nesta xornada. Boborás baixou o seu único caso de onte para estar hoxe sen casos activos. San Cristovo de Cea, Punxín, San Amaro e Piñor están libres de coronavirus.