25 de xullo. Día Nacional de Galicia O Partido Galego (PG) celebra este día con un encontro galeguista en Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Mesmo coas dificultades para actos presenciais que implica a situación de “pandemia”, e mantendo obviamente as medidas de seguridade adecuadas, o PG escolleu Allariz como o lugar onde desenvolver o citado encontro.

Dous son os motivos que nos levan a este concello.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Por unha banda a situación xeográfica en Ourense e mesmo o que significa Allariz para a cultura galeguista, e por outra o legado de Vicente Risco, será homenaxeado no camposanto e visita obrigada á Fundación que leva o seu nome.

No xantar previo que terá lugar no Restaurante O Pepiño de Allariz, daranse cita militancia e dirección do Partido Galego así como varios líderes do ámbito do galeguismo.

No tempo das intervencións cóntase coa colaboración do Presidente do PDeCAT David Bonvehí, o Portavoz Nacional do PG Maxi Vázquez e o Presidente partido Xosé Mosquera.

O avance e consolidación do PG son unha das prioridades de acción destes vindeiros meses.

Tanto o Portavoz como o Presidente, puxeron de manifesto as incoherencias das forzas políticas estatais, en clara referencia a PP e PSOE.

“Mentres o PP fai uso propagandístico dun “galeguismo” de escaparate so para aparentar ser os defensores de Galicia e todos os seus intereses, a realidade é que son unha sucursal do PP de Madrid, e teñen o marxe de manobra que actualmente con un goberno do PSOE en Madrid facilítalle ese discurso combativo e aparentemente defensor de Galicia, cando na realidade é so un combate dialéctico orientado a gañar electorado, pero a hora da verdade levamos décadas de democracia onde os Deputados galegos tanto do PP como do PSOE en Madrid votan o que lle mandan os seus partidos alí mesmo”.

“A falla de servizos ferroviarios, especialmente o Avant entre Ourense e a Coruña , a falla tanto dende a Xunta como dende o Estado de unha verdadeira política de potenciación do Rural, e de unha consideración real do Autónomo e das pequenas empresas como verdadeiros motores da economía galega”

“En consecuencia ese falso galeguismo que todos exhiben, choca coas propostas e forma de facer política auténtica con sentidiño e para Galicia que profesamos no Partido Galego”.