Boas Novas en Boborás: Inversión de 180000 € en Astureses

Outra boísima nova para o noso municipio. O Consello da Xunta de Galicia, celebrado hoxe 29 de xullo, autoriza a firma do convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Boborás por un valor de 180.000 euros para a humanización do núcleo singular de Astureses.


Dende o Concello de Boborás agradece a Xunta de Galicia, e concretamente ao Vicepresidente primeiro e conselleiro de Turismo, Alfonso Rueda Valenzuela , e a Directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez pola súa colaboración, sensibilidade, compromiso e por este convenio que sen dúbida transformará o entorno e núcleo singular de Astureses, cunha igrexa a románica a de San Xulián que conforma un dos templos do románicos máis relevantes de Galicia.

AVANTAR ACTIVIDADES


A actuación consistirá no levatamento do pavimento actual, a canalización das pluviais e a instalacións dos elementos para o posterior soterramento do cableado aéreo e logo a pavimentación con adoquín de taco de granito combinado en algunhas zonas con hormigón raiado, embecelendo se cabe ainda máis este conxunto de interese patrimonial.
Unha vez asinado o convenio, será o concello o encargado da licitación desta obra.

Con está xa son varias as obras de humanización que levará a cabo o grupo de goberno nos dous anos de mandato, a primeira e xa rematada a do núcleo de Boborás, e xa anunciadas e pendentes de licitación a de Xurenzás e A Vila. O Concello xa traballa para conseguir a financiación como é o caso de Moldes, e prepara proxectos para outras zonas de interese do municipio que se irán anunciando proximamente.

Finalmente, o terceiro proxecto que autoriza o Consello é a sinatura dun convenio entre Turismo de Galicia e o Concello de Boborás por importe de 180.000 euros para a humanización do núcleo singular de Astureses, un dos patrimonios declarados BIC máis antigos da provincia, pois ten esta consideración desde 1946.Co obxectivo de promocionar turísticamente este patrimonio, ao tempo que se pon en valor o Ben, ao abeiro deste convenio levaranse adiante actuacións para priorizar o seu uso peonil, adaptando o espazo para o seu uso pola veciñanza e favorecendo unha contorna máis accesible e humana que propicie tamén a súa visita por parte dos visitantes.


VIDEO SPOT BOBORÁS en BADAL TV