Onte tivo lugar o pleno do mes de xullo do concello do Carballiño onde se aprobou o concurso de ideas para o aproveitamento do parque municipal e a mellora do saneamento das rúas san Benito e Solana
O PLENO DO CARBALLIÑO debateu en primeiro lugar a recuperación do PLAN DE ORDENACIÓN E MELLORA DO PARQUE municipal carballiñés. O documento foi aprobado hai uns anos, aínda que se foi dilatando a convocatoria para ir acometendo as obras. O Concello traballa coa premisa de convocar un concurso de proxectos para seleccionar os máis adecuados para levar a cabo a «ordenación e mellora integral do parque municipal».
A oposición non entendeu a uxencia dun proxecto aprobado en 2017 para o concurso de ideas do parque, o punto foi aprobado cos votos a favor do pp e psoe e abstención de esco e bng
O concello aprobou o cambio de xestion do servizo de augas de madarnas que volta a ser ó concello. Foi aprobado polos 4 grupos por unanimidad. Tamen foi o pleno o convenio para conectar unha fosa septica de san benito e rua solana co colector xeral do varon cun convenio onde a confederacion hidrográfica aporta un 80 por cento e o concello un 20 por cento, que tamen foi aprobado por unanimidade.
espazo comun presentaba duas mocions, unha para promover a construccion dun novo pabellon deportivo municipal e outra para elaborar un plan de prevencion de conductas adictivas.