Estes días, con motivo do inicio dos exames, o IES Manuel Chamoso Lamas do Carballiño está a impartir unha serie de charlas a través do Centro Harmonía Terapia Integral, impartidas polo Psicólogo Sanitario e Director deste centro, José Manuel Fariñas Darriba.

As charlas céntranse no estrés e ansiedade que teñen os alumnos ante os exames e como afrontalos con éxito. A pasada semana tiveron a súa sesión os alumnos de 2º de Bacharelato e hoxe foi a quenda dos de 1º de Bacharelato. En total, 90 alumnos recibiron esta formación, que ten o obxectivo de axudalos a afrontar esta etapa.

Dende a dirección do centro aseguran que este ano notan que os alumnos están máis agobiados cos exames do normal a causa de tantos meses sen educación presencial a causa da pandemia, e que senten que perderon o hábito de estudar e que lles costa concentrarse.