O Club Marusia organiza no Carballiño un campus de ximnasia rítmica do 22 de xuño ao 10 de xullo

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

As instalacions do pavillón polideportivo Paco Chao acollerán do 22 de xuño ao 10 de xullo un campus deportivo de ximnasia rítmica promovido polo Club Marusia de Ourense, no que están integrados máis de 60 nenas e nenos carballiñeses. A presentación desta actividade tivo lugar hoxe na Casa Consistorial coa presenza do concelleiro de Deportes, José Castro-Gil, e a entrenadora do club, Antía Abal.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O edil suliñou que “esta actividade está aberta para todos os nenos e nenas do municipio, comarca e calquera xove que esté no Carballiño de vacacións, e vense unir aos campus previstos do Club Aehde e de fútbol”. Pola súa banda, a representante de Marusia adiantou que o campus está aberto á participación de cativos a partir de catro anos de idade “co obxectivo de fomentar o deporte con xogos e o compañerismo, ademais de aprender as técnicas da ximnasia rítmica”.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Antía Abal tamén indicou que se establece unha matrícula para toda a programación do campus e outra semanal, con quendas do 22 ao 26 de xuño, do 29 de xuño ao 3 de xullo e unha final do 6 ao 10 de xullo, inscricións que se poden formalizar na páxina web do club.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------