Emilio González informa de que o Goberno adxudica máis de 395.000 euros a 9 proxectos de reparación de danos provocados polo temporais de decembro de 2019 na provincia

O Boletín Oficial do Estado publica hoxe a resolución do Ministerio de Política Territorial

Publicidade

Os beneficiarios das axudas son os concellos de Monterrei, Leiro, Riós e Vilar de Santos e a Deputación Provincial de Ourense.

§  As achegas dan cumprimento ao Real Decreto de situacións catastróficas que tiveron lugar entre abril de 2019 e marzo de 2020.

Ourense, 30 de xullo de 2021.- O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, informou hoxe de que o Executivo central, a través do Ministerio de Política Territorial, destinará  na provincia un total de 395.429,58 euros a subvencionar nove proxectos de reparación de danos vinculados ás borrascas Daniel, Elsa e Fabien de decembro de 2019.

O Ministerio de Política Territorial, a través da Secretaría Xeral de Coordinación Territorial, publica no Boletín Oficial do Estado de hoxe a resolución que dá cumprimento ao Real Decreto 778/2020, polo que se declaraba de aplicación a diversas situacións catastróficas acaecidas entre abril de 2019 e marzo de 2020.

Na provincia de Ourense son nove os proxectos municipais e provinciais que obteñen financiamento e que corresponden aos concellos de Monterrei (119.837,98 euros), Leiro (7.641,13 euros), Riós (20.467,36 euros) e Vilar de Santos (15.493,3 euros) e á Deputación Provincial de Ourense (231.989,81 euros).

As subvencións contempladas na resolución, de ata o 50% do seu custe, destínanse a obras de reparación ou restitución de infraestruturas, equipamentos e instalacións e servizos de titularidade municipal, así como da rede viaria dependente das Deputacións Provinciais.

Nota: A primeira columna con cantidades económicas corresponde ao importe total do proxecto mentres que a segunda é a relativa ao importe concedido