O C.D Arenteiro inicia a pretemporada fronte ó Lugo B, mañá en Barbantes

Publicidade ASPADISI

O C.D. Arenteiro comeza este mes de agosto quentando os motores para a Segunda Federación. Farao comezando con varios amistosos. O primeiro será mañá mércores, fronte o Lugo B, no campo de Barbantes. O sábado día 7, no mesmo campo, fronte o Celta B; o próximo mércores día 11 fronte o Coruxo F.C. e outro contra o F.C. Deportivo “B” en Abegondo o día 14. As citas non poderán ser no Espiñedo polo de agora, ademais de que anuncian que as obras de reparación do terreo de xogo quedan aprazadas para o próximo verán.

Con este calendario, é o momento de que te fagas socio ou renoves o teu abono. Podes facelo de maneira presencial ou por internet na páxina cdarenteiro.es. O horario en presencial é de luns a venres de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00.

HIPER MASIDE