Galicia mantén o ritmo de novos contaxios nun milleiro diario

A comunidade galega rexistra hoxe 1.011 contaxios, un ritmo de novos positivos que  se mantén con respecto a onte. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 18.195, unha cifra que descende en preto de 500 casos. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid hoxe presenta un ascenso nos hospitais galegos. Do total de pacientes positivos en Galicia, 53 (+1) están en UCI e 255  (+5) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras  rexistra hoxe 50 contaxios novos, descendendo a cifra de onte, e restando as altas, os casos totais baixan ata os 1.520 casos activos, preto de 70 casos menos. Os hospitais hoxe presentan 31 (=) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 5 (+1) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES