A concelleira Sofía García traslada á Corporación unha proposta en defensa da sanidade pública no Carballiño

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Sofía García, concelleira non adscrita do Concello do Carballiño, defenderá no vindeiro pleno municipal, que se celebrará este venres, unha moción en defensa da sanidade pública para reclamar solucións urxentes ásgraves carencias que presenta actualmente a atención sanitaria no municipio.

A iniciativa nace da crecente preocupación da veciñanza ante o deterioro continuado dos servizos sanitarios, tanto no Centro de Saúde como no Punto de Atención Continuada (PAC), unha situación que afecta directamente á calidade asistencial e ao dereito da cidadanía a recibir unha atención sanitaria pública, universal e de calidade.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Na moción recóllense algunhas das principais deficiencias que sofre actualmente o Carballiño, entre elas a ausencia de servizo de pediatría nas quendas de tarde e de urxencias pediátricas, a insuficiencia de recursos no Centro de Orientación Familiar (COF), a falta dun servizo de xinecoloxía de proximidade, a inexistencia de radioloxía en horario de tarde, a elevada rotación do persoal médico, o aumento das listas de espera e o colapso asistencial que se produce especialmente durante os meses de verán.

A concelleira tamén lembra que a veciñanza continúa agardando pola construción do novo Centro de Saúde comprometido para o municipio, unha infraestrutura necesaria para responder ás demandas sanitarias dunha vila que presta servizo a unha ampla área de influencia comarcal.

“Non podemos normalizar que cada vez haxa máisdificultades para acceder á atención sanitaria nin que se sigan reducindo servizos esenciais. A sanidade pública é un dereito e debe ser unha prioridade para todas as administracións”, sinala Sofía García.

A través desta moción proponse a convocatoria urxente do Consello Municipal de Saúde, a solicitude dunha reunión co conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia para trasladarlle directamente as demandas da veciñanza e a necesidade de acelerar os trámites para a construción do novo Centro de Saúde.

Sofía García fai un chamamento ao conxunto dos grupos políticos da Corporación para apoiar unha iniciativa que considera “unha cuestión que vai máis alá das siglas políticas e que afecta directamente ao benestar e á calidade de vida da veciñanza do Carballiño e da comarca”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------