Caballero referenta o traballo do goberno municipal de Francisco Fumega

Publicidade ASPADISI
https://youtu.be/AqQaZdw6yks

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, achegouse hoxe ó concello do Carballiño, onde foi recibido por parte da corporación. Nesta visita de traballo, coincidindo co inicio do curso político, abordaron proxectos importantes de futuro municipal e autonómico.

Pola súa banda, Caballero referendou o traballo feito no Carballiño como exemplo de referencia en políticas municipais. Deste xeito, o secretario amosou o seu total apoio a todas as alcaldías, para afrontar novos proxectos.

HIPER MASIDE

Ademais, Caballero aproveitou a visita para dar a noraboa a Fumega, cabeza de lista nese proceso electoral que elixía ós delegados provinciais para o Congreso de Valencia.

Ademais, Gonzalo Caballero tamén se posicionou ante a nova situación política na que se anunciou unha nova candidatura para a secretaría xeral do PSOE, asegurando que está preparado para a afrontar o proceso, que será a través do voto da militancia