Ribadavia destaca como destino turístico de interior.

O número de visitantes nesta tempada de verán están sendo moi importantes e satisfactorios, así a pesar da situación COVID xeneralizada en toda a Península, Ribadavia está moi satisfeita co nivel de visitantes que está experimentando neste verán.

A partir do día 10 de agosto reforzarase a Oficina de Turismo con dúas persoas máis durante 3 meses. Esta contratación é financiada pola Xunta, que resolveu con máis de un mes de retraso a convocatoria a todos os concellos respecto a anos anteriores.

AVANTAR ACTIVIDADES

A riqueza patrimonial, termal e vitivinícola sitúanse como atractivos destacados que manteñen e mesmo soben a afluencia de visitantes que chegan diariamente a Ribadavia nestes meses estivais.

Se durante todo o ano, en especial incidencia en pontes e fins de semana, Ribadavia é un referente turístico da Galicia interior, na tempada estival as cifras multiplícanse, notándose unha subida importante a partir do mes de xuño e a segunda quincena de xullo,

Os datos das persoas que visitan Ribadavia e que pasan pola nosa Oficina de Turismo falan por si sós. Así, por exemplo en días de xullo, chegáronse a superar moi amplamente máis de 250 persoas que pasan diariamente pola Oficina de Turismo, cifras que neste comezo de agosto alcanzan cifras semellantes e mesmo superiores, o que nos fai indicar que no mes de setembro, cando se realice o informe final da tempada estival estaremos a falar de cifras e números de récord en Ribadavia. Tendo en conta ademais que os turistas que pasan pola Oficina de Turismo de Ribadavia son só unha pequena parte do total de visitantes que veñen a Ribadavia.

O perfil de visitantes está sendo na súa inmensa maioría procedentes da Península, seguíndolles os de Galicia, e sendo menor os de outras partes de Europa con respecto a outros anos.

As preferencias son plurais pero pasan sempre polo noso caso histórico, o barrio xudeu e as ruínas do castelo medieval, así como a ampla oferta termal da comarca, na que destaca o complexo termal de Prexigueiro, así como as rutas de senderismo e os paseos dos ríos.

Este ano estase significando especialmente a Área de Autocaravanas, o Camiño Xacobeo Ribeiro- Miñoto e a Mostra Internacional de Teatro.

– Área Autocaravanas recibe centos de turistas diarios, é un dos servizo mellor valorados, polos servizos que presta e pola súa ubicación, moi céntrica ao lado do centro urbano, con hostalaría e comercio e da zona monumental, e moi tranquila para descansar.

– Camiño Miñoto- Ribeiro.

Desde a Oficina de Turismo de Ribadavia puxéronse no mes de xullo á venda as credenciais de peregrino para facer o Camiño xacobeo Miñoto- Ribeiro, que cada día gaña maior nivel de seguidores. A maioría comeza p camiño en Portugal, comezando moitos en Braga ou no Castro Laboreiro, mentres que tamén hai quen opta por comezar en Ribadavia o camiño a Santiago.

A Oficina de Turismo vendeu máis de 100 credencias a persoas da comarca do Ribeiro, mentres que ten contabilizado máis de un milleiro de peregrinos que pasaron por Ribadavia.

– A realización da MIT foi tamén un evento que achegou un numeroso público e visitantes a Ribadavia, o que a sitúa non só como un evento central da cultura galega senón como un factor económico e creador de riqueza para Ribadavia. Este evento cultural ademais gaña ademais en valor ao ser dos poucos eventos importantes de Ribadavia que se mantén grazas a súa adaptación ás restricións e aos protocolos de seguridade.

Desde o Concello estamos moi satisfeitos e encantados de seguir recibindo visitantes, facéndoo sempre a través das medidas de prevención e seguridade, que sempre contan coa comprensión de veciños e visitantes. Neste sentido, desde o Concello temos programado un agosto de eventos culturais e lúdicos ao aire libre no Auditorio do Castelo, adaptados aos protocolos de cultura segura, o que significa un complemento e aliciente aos múltiples recursos que fan de Ribadavia un referente turístico.

Este ano, e tendo en conta o numero de persoas que pasan pola oficina de turismo, que é só unha pequena parte de todas as persoas que nos visitan, estamos a ter unha maior afluencia de turistas. O que tamén supón Un balón de oxíxeno para unha hostalaría moi castigada pola pandemia e por unhas medidas legais que excesivamente focalizan no sector, e que sempre demostra unha gran profesionalidade e saber facer. Visitantes que tamén son respectuosas coa normativa de seguridade sanitaria, tanto nos locais de restauración como nos lugares de interese que visitan en Ribadavia.