Ribadavia mantén a tendencia á baixa, con cinco casos menos hoxe

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O brote declarado no xeriátrico de Leiro que afectaba a case todos os residentes e 15 traballadores continúa a remitir. O número de afectados no concello,  con especial incidencia neste brote, mantén hoxe as cifras de onte estables. Este brote está a producir un retraso da administración da vacina, sendo unha das poucas residencias da provincia que aínda non conta coas dúas doses.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ribadavia presenta hoxe 33 casos activos, cinco menos ca na xornada de onte. O concello de Melón conta con 10 casos activos. Cenlle e Beade manteñen hoxe cinco casos activos. Avión conta con catro positivos e Arnoia mantén os dous casos de onte. Carballeda de Avia conta con dous casos activos e Cortegada con un so caso. Castrelo de Miño era onte o único concello do Ribeiro que non ten ningún caso de coronavirus e hoxe rexistra un contaxio.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------