O Carballiño baixa de novo cinco casos para contar con 58 persoas contaxiadas

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 86 contaxiados.

Publicidade

O Carballiño conta hoxe con 58 casos activos, cun descenso de cinco casos con respecto a onte.  Boborás conta con 4 contaxios, un menos ca onte. Beariz mantén os 9 casos activos; Maside mantén ós 6 casos activos; San Amaro mantén os 5 contaxios; O Irixo, Piñor, Punxín e San Cristovo de Cea contan cun caso cada un deles.