Falece un operario en Ribadavia ó caer dun montacargas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O 112 informou onte da morte en Ribadavia dun operario que caeu dun montacargas por unha suposta indisposición. Os feitos ocorreron pouco antes das seis e media da tarde, no lugar de San Cristovo.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os servizos de emerxencia solicitaron a intervención do persoal do 061, que mobilizou un helicóptero medicalizado para atender ao traballador. A pesar dos esforzos realizados, os sanitarios desprazados non puideron facer nada por salvarlle a vida.

O 112 informou do sucedido á Policía Local do municipio, así como á Garda Civil e ao GES de Ribadavia.