
----------------------------------------------------------------------------------------------------------
Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 84 contaxiados.
O Carballiño conta hoxe con 56 casos activos, cun descenso de dous casos con respecto a onte. Boborás conta con 4 contaxios. Beariz baixa ós 8 casos activos; Maside sobe ós 7 casos activos; San Amaro mantén os 5 contaxios; O Irixo, Piñor, Punxín e San Cristovo de Cea contan cun caso cada un deles.
PUBLICIDADE
---------------------------------------------------------------------------------------------------