O Bng pídelle ao concelleiro delegado de Medio Ambiente, que obrigue a que se limpen as fincas no Polvorín

Seara pídelle ao concelleiro delegado de Medio Ambiente, que obrigue, non so aos particulares, senon tamén ás construtoras e fondos de investimento, a que limpen as fincas no Polvorín, para que a maleza non se convirta nun “polvorín” e non teñamos que lamentar outra desgraza no futuro

O BNG visitou esta mañá o barrio do Polvorín e o resultado da mesma non pode ser máis preocupante. Unha gran parte dos predios que se atopan ao longo da Rúa das Laxas, singularmente aqueles nos que estaba previsto un importante desenvolvemento urbanístico,  estean a monte e sen limpar.

AVANTAR ACTIVIDADES

O acceso por esa pista estreita é moi dificultoso para unha motobomba, e as 2 bocas de riego que hai están moi separadas, para poder actuar con celeridade, no caso dun incendio. Por desgraza, o Polvorín, xa tivo unha experiencia no pasado co lume moi dramática.

Do mesmo xeito, as veciñas e veciños, reclaman unha maior atención, por parte dos responsables municipais ao barrio. Un barrio que non ten unha soa comunicación por autobús co centro de saúde, que é o de referencia da poboación do barrio, unha meirande parte de persoas maiores, as cales se teñen que desprazar a pé un bo treito.

Veciñanza que ten que agardar polo bus á intemperie, na praza do cruceiro,  a pleno sol, ou cando chove, sen que podan acollerse debaixo dunha marquesina.

Do mesmo xeito, pedímoslle ao concello que busque unha solución, a través da continuación das beirarrúas, para evitar que as persoas teñan que invadir a calzada, coa conseguinte perigosidade que iso xera,  e a través da colocación dun paso de cebra para que os peóns poidan cruzar con seguridade dun  lugar ao outro da estrada. Estamos a referírmonos ao tramo que pasa por diante do local da AA.VV. Persoas, tramo que é utilizado, a contío, como zona de tránsito polas persoas maiores usuarias da residencia de maiores da Farixa, no seu desprazamento cara o  parque do polvorín.