O Arenteiro queda 1-1 fronte ó Deportivo B

O Club Deportivo Arenteiro xogou este pasado sábado o seu primeiro partido da pretemporada fora da casa. Neste caso foi contra o Deportivo B, na Cidade Deportiva de Abegondo. O resultado quedou en táboas, coma no último partido, 1-1. Os verdes, polo de agora, mantéñense invictos, cunha pretemporada envexable. O próximo encontro será este mércores, de novo na casa, no Espiñedo, fronte o R.C. Ferrol, ás 19:00 horas.

Publicidade