O C.D Arenteiro empata 1-1 co Racing de Ferrol e recibe mañá ó Deportivo

O C.D. Arenteiro enfrontouse onte pola tarde ó Racing de Ferrol no quinto encontro amistoso desta pretemporada. O encontro finalizou cun empate a un gol e que supón que o conxunto liderado por Fran Justo mantense invicto e deixando unha boa imaxe ante outro equipo de categoría superior.

Publicidade

O Arenteiro adestrará tanto hoxe coma mañá venres para estar preparados para o próximo encontro, que será mañá venres, ás 19:00 horas no campo do Espiñedo, fronte o Deportivo B, un partido de gran interese.

A venta de entradas mañá a oficina estará pechada e abrirase a taquilla de Espiñedo de 11:00 a 13:30 e a partir das 16:30. A maiores poderase crear, renovar e retirar o abono ao momento. Prezos: 15€ adulto, 8€ para 15 anos ou menor. Abonados gratis.

Non é posible a compra por internet, están a traballar nun sistema para iso que sairá próximamente.