Avión conta con 10 casos activos e Ribadavia presenta cinco contaxios

No Ribeiro, a comarca presenta un total de 21 contaxios. Avión segue á cabeza en infeccións activas por covid, con 10 casos, un menos ca onte. Ribadavia sobe ata os 5 contaxios, logo dunha fin de semana con catro positivos. Cortegada, libre de covid, presenta hoxe un caso.

Castrelo de Miño presenta tres casos activos e Beade presenta dous contaxios. E Arnoia, Carballeda de Avia, Cenlle, Melón e Leiro están libres de covid.

AVANTAR ACTIVIDADES