Un vehículo arde nas pozas de Melón comunicando o lume ó monte colindante

Esta tarde, un vehículo estacionado no parcamento das pozas de Melón, comezou a arder. As lapas traladáronse ó monte circundante, aínda que neste momento o lume xa quedou extinguido en ambos casos, deixando so danos materiais.

Publicidade

Ata o lugar desprazáronse a Garda Civil de Tráfico, varias Brigadas e autobombas o Distrito Forestal XI e o GES de Ribadavia.