O alcalde responde a Espazo Común sobre o ocultismo de casos de coronavirus

Espazo Común asegura que no Carballiño estase producindo “oscurantismo e a constante falsidade e manipulación dos feitos por parte do alcalde Fumega e o seu equipo”, en palabras dos representantes de Espazo Común.

Recordan que ó longo da semana pasada houbo un constante devir de novas sobre un brote de COVID19 no Carballiño que acadou un número importante de casos, incluso na plantilla de traballadores do propio Concello. “Ó contrario do que fixeron en lugares tamén gobernados polo PSOE coma Barbadás ou Monforte onde inmediatamente se fixeron públicos os contaxios e se publicaron bandos e informacións demandando á cidadanía extremar precaucións, o goberno carballiñés tentou facer ver que non acontecía nada. Nin unha soa nova, nin unha soa publicación en redes, nada”, critican dende a formación.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende Espazo Común piden explicacións ó concello de cal é o por qué dunha actitude que califican de “irresponsable” e ademáis esixen ó alcalde, Francisco Fumega, que non xogue con algo tan delicado e que pode ter un custo tan caro para a veciñanza, aseguran.

O alcalde esspondeu a estas criticas explicando cal foi o procedemento de actuación.