O C.D. Arenteiro gaña ó Racing Villalbés 0-2 e enfronta o sábado o último partido da pretemporada

O Arenteiro derrotou onte pola tarde ao Racing Villalbés por 0-2 e segue sen perder ningún partido desta pretemporada, con tres empates e os demais resultados todos victorias.

Publicidade

O Arenteiro xogou un novo partido amigable, esta vez contra o Racing Villalbés en Lugo. De novo, o equipo de Fran Justo, que gañou 0-2, con goles de Naveira e Adrián Cruz, demostrou que está en forma para o inminente comezo de liga.

O sábado xogan en Calabagueiros contra o Barco o último partido amigable antes do comezo da liga, que será en Vilagarcía.