O Novo Cine de Leiro ofrece unha triple casteleira para os próximos días

IES CHAMOSO LAMAS

O Novo Cine de Leiro renova a súa carteleira coma cada semana. Neste caso, ofertan tres filmes variados. Un deles é “Bebé jefazo”, o venres, sábado e domingo ás 16:00 horas, e o luns e xoves próximos ás 18:15 horas. Outro filme será “A todo tren destino Asturias”, o venres, sábado e domingo ás 18:15 horas e o luns e xoves próximos ás 20:30 horas. Por último, “Free guy”, o venres, sábado e domingo ás 20:30 horas.