O Carballiño incrementa os casos activos de covid-19 ata os 489, 16 máis ca onte

A comarca do Carballiño rexistra 709 contaxios. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, rexistra hoxe 489 casos activos, 16 contaxios máis ca onte. Maside baixa dous casos anta os 52. Boborás sobe seis casos ata os 36. San Cristovo de Cea sobe un caso ata os 32. Punxín baixa tres casos ata os 31. San Amaro mantén 30 casos. O Irixo mantén 21 casos. Piñor baixa un caso ata os 10. Beariz mantén 8 casos.

A comunidade galega rexistra hoxe 3.592 contaxios, un ritmo de novos positivos que presenta un ascenso. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 76.276, a cifra máis alta dende o inicio da pandemia. A ocupación das camas dos hospitais increméntase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 55 (+7) están en UCI e 453 (-9) en unidades de hospitalización.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 415 contaxios novos, unha cifra que se mantén estable, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 9.615 casos activos. Os hospitais hoxe presentan 69 (-3) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 8 (+2)  na UCI.