Manuel Baltar aposta polo PP como “o partido das solucións fronte ao desamparo do goberno de Sánchez”

IES CHAMOSO LAMAS

Tralo tradicional acto de inicio do curso político dos populares galegos en Cerdedo-Cotobade

·      O candidato á relección no Congreso Provincial do 26 de setembro pediu para o executivo socialista e comunista “o castigo das urnas nas municipais de 2023, logo de atentar contra a autonomía dos concellos e das deputacións”

HIPER MASIDE

Manuel Baltar, presidente en funcións do Partido Popular de Ourense e candidato á relección no Congreso Provincial do próximo 26 de setembro, definiu hoxe ao PP como “o partido das solucións fronte ao desamparo do goberno de Sánchez, que só merece o castigo das urnas nas eleccións municipais de 2023 logo de deixar no máis absoluto desamparo ás entidades locais, atentando contra a autonomía dos concellos e das deputacións”.

Tralo tradicional acto de inauguración do curso político que o PPdeG celebra en Cerdedo-Cotobade, coa participación dos presidentes autonómico e nacional, Alberto Núñez Feijóo e Pablo Casado, o líder dos populares ourensáns afirmou que o PP “só pensa en garantir solucións para os cidadáns construíndo un partido sólido, como demostraremos logo do congreso provincial de setembro, facendo así a nosa achega para un próximo goberno de España con Pablo Casado como presidente”.

Baltar defendeu a fortaleza dun PP que constitúe “a única alternativa ao caos dun executivo socialista e comunista que perde a súa credibilidade a anacos en cada decisión que adopta”, citando como exemplos o aumento do recibo da luz, as cesións aos independentistas, a nefasta xestión da pandemia ou a nula e errada política internacional.