A atleta galega Adi Iglesias Forneiro proclámase campioa paralímpica dos 100 metros T13

Adi Iglesias Forneiro é unha atleta residente en Lugo pero ten vinculos familiares con Barbadás e co Carballiño xa que a súa nai Lina é de Barbadás e o seu tio Alfonso ten familiares no Carballiño.

A velocista galega, debutante nuns Xogos, demostrou a súa condición de favorita e levouse a vitoria cun tempo de 11.96, só tres centésimas mellor que a acerbaixana Lamiya Valiyeva. E iso que tivo unha saída «regular». «A saída non foi moi boa, non se pode facer sempre todo ao cento por cento. Quixen remontar e deino todo, non sabía ao terminar se gañara, pero si que entre as tres primeiras había chegado», recoñeceu.

AVANTAR ACTIVIDADES

Distintas personalidades do mundo da política e do deporte felicitaron a Adi polo extraordinario triunfo.

A esas felicitacións sumase Babal Novas

Carreira de Adi Premer na Imaxe