A Deputación colabora en deporte, cultura e melloras cos concellos da contorna

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou a concesión de máis de 500.000 euros en axudas nos ámbitos da cultura, o deporte, a cooperación cos concellos e o emprego. En cultura, aprobouse unha subvención de 7.000 euros a favor da asociación do Festival de Teatro Galego do Carballiño (Fetega). En deportes, o Club Deportivo Cultural Ribeiro recibirá 6.000 euros para gastos de funcionamento.

En cooperación cos concellos, aprobáronse 47.000 euros para o Concello de Avión destinada ao arranxo de emerxencia da estrada Pardelapa-Mangueiro; o Concello de Beariz percibirá 30.000 euros para o parque empresarial de Lebozán e Cortegada disporá de 82.000 euros para a iluminación exterior do polígono industrial.

AVANTAR ACTIVIDADES