As obras da rúa Cristóbal Colón de Boborás chegan á súa fin

Despois do parón do mes de abril, no mes de maio en adiante recuperouse o tempo perdido nunhas obras que humanizan esta rúa principal do concello, e que chegaron ó seu fin. O prazo de execución duns oito meses, cumpríndose a previsión a pesar do parón durante a cuarentena.

Publicidade

As obras, cun orzamento de preto de 300.000€, están sufragadas nun 70% pola Consellería de Medio Ambiente e o 30% restante pola Deputación de Ourense. A humanización deste espazo do núcleo tradicional de Boborás conta ca sustitución do pavimento e a canalización das redes de iluminación, electricidade, telecomunicacións e pluviais.

Esta actuación desenvólvese no marco do Plan Hurbe da Xunta para desenvolvemento das vilas e dos núcleos de poboación con criterios de sustentabilidade económica, ambiental e social.

Patricia Torres, alcaldesa de Boborás, comentou ás melloras que supoñen estas obras para o concello e anunciou un dos novos proxectos que teñen para a Praza dos Horreos.