Comentarios a modificación da área industrial do carballiño (II) : “Abastecemento da auga”

A proposta de modificación da área industrial do Carballiño, pretende desenvolver dúas zonas ben diferenciadas; unha delas situada ao sur do actual polígono industrial e dentro do termo municipal do Carballiño, cunha superficie de 20 Has. e a outra máis extensa, abrangue unha superficie de aproximadamente 100 Has. e ubicada o leste da actual área industrial e integrada na súa totalidade da superficie dentro do termo municipal de Maside.

2)Abastecemento da auga.

AVANTAR ACTIVIDADES

No referente ao abastecemento de auga das máis de 100 Has.,  pode haber carencias moi graves deste recurso fundamental para poñer en marcha un Plan destas características.     

            O pasado 2 de xullo de 2021 o equipo de goberno do Carballiño, facendo uso da súa maioría absoluta, co rechazo claro, rotundo e absoluto de todos os grupos da oposición, ademáis dalgunha plataforma veciñalprocedeu a aprobación dun documento (documento adxunto), para a posta en marcha dunha mancomunidade para a xestión da auga co concello de Maside, onde se contempla entre outras finalidades o abastecemento das máis de 120 Has da ampliación da área industrial proposta, ademáis de toda a poboación de Maside e Carballiño, extraendo a auga do Río Arenteiro, cuestión esta que se fai totalmente inviable económica, social e ambientalmente, se analizamos os datos publicados pola CHMS no referente ao rexistro histórico dos caudais que pasan polo río Arenteiro en determinadas épocas do ano, principalmente a partir do mes de agosto que coincide co época de maior poboación e actividade turística, ademáis de por suposto que se comenza a entrar na época do ano de maior estío.

            Analizando máis polo miudo esta información, temos que sinalar que o caudal ecolóxico, en situacions normales, que ten estipulado a CHMS para o Río Arenteiro II é de 0,29 m3/s entre os meses de outubro e decembro e de 0,31 m3/s nos meses de xullo a setembro. Se revisamos o rexistro histórico que a CHMS ten a obriga de publicar podemos observar dun xeito certo e obxectivo como non se cumplen os parámetros mínimos necesarios impostos polo propio organismo de Cunca. Algunhos exemplos son os seguintes:

Os datos foron obtidos da páxina oficial da CHMS, podemos apreciar como o incumprimento dos caudais ecolóxcos estipulados pola CHMS é unha constante ano tras ano, polo tanto non é viable pretender abastecer de auga do Río Arenterio o parque empresarial de Maside e toda a poboación de Maside tal e como recolle o documento aprobado para a futura mancomunidade entre os concellos de Maside e Carballiño. Tamén é preciso recordar que no Concello de San Cristobo de Cea está en marcha unha Area Industrial, que tamén capta a auga da bacia do Río Arenteiro, polo que é de agardar que co tempo, a medida que se instalen industrias nesta área industrial vaia soportar máis demanda de auga, polo que agrabaría a situación fortemente poñendo incluso en risco o abastecemento de auga a poboación.

CONCLUSIÓNS:

1) Non se pode considerar que esta sexa unha modificación da Área industrial do Carballiño, máis ben deberíase tratar ou considerar, como unha nova Área Industrial no Concello de Maside.

2) De calquera proposta dunha nova área industrial deberase excluir o río Varón, incluida a zona de Policía para a protección dos diferentes hábitats prioritarios e non prioritarios existentes, así como evitar no posible episodios non desexados de inundacións e contaminacións do ecosistema fluvial e que poden traer perxuicios económicos, sociais e ambientais moi graves para a poboación do Carballiño.

3) Rechazar a actual proposta de modificación da Área Industrial do Carballiño en canto a zona que aparece delimitada íntegramente no concello de Maside.

4) O documento facilitado para realizar os comentarios ou alegacións pertinentes é moi xenérico, cartografía pouco precisa, fallan mapas de pendentes, orientacións…, non existen estudos de ningún tipo como pode ser estudos da fauna, vexetación, ecosistemas, hidrolóxicos, xeoloxía….

Colectivo da defensa do Patrimonio do Carballiño