O BNG de Barbadás solicita ao Goberno Local a construción dunha pista polideportiva e dun área de esparcemento nas Lamas.

Faino a través dunha moción rexistrada e que se debatirá no pleno previsto polo Concello de Barbadás para este luns 06 de setembro

O BNG de Barbadás solicita, a través dunha moción presentada para o pleno deste mes de setembro, que se inicien os trámites precisos para que a maior brevidade posíbel a veciñanza das Lamas poida contar cunha pista polideportiva e dun área de recreo nesta localidade.

AVANTAR ACTIVIDADES

No BNG consideran que hai parroquias no concello cun déficit importante en equipamentos deportivos e de recreo para a mocidade, entre as que se atopa o lugar das Lamas, xa que se converteu nos últimos anos, dada a proximidade coa Valenzá, nunha zona residencial importante, cun grande incremento de veciñanza e que ten practicamente os mesmos servizos que tiña cando non era máis ca unha aldea, se falamos de temas como ocio, deporte ou esparcemento.

Desde o Grupo Municipal do BNG, enténdese que a mocidade das Lamas debe ter unhas instalacións deportivas e de recreo axeitadas tamén ao número, cada vez maior, de posíbeis usuarios e usuarias entre a súa veciñanza. Sendo esto unha realidade incontestábel se facemos un barrido polo padrón municipal, onde podería constatarse dun xeito mais tanxíbel.

Hai instalacións que se construiron hai anos e que non son aproveitadas case por ninguén, co conseguinte estrago de recursos públicos e que continúan hoxe co mantemento, moitas veces escaso, que o concello ten que asumir. E falan no BNG concretamente de lugares como o do Comón en Piñor ou a pista Lucinda no Fonsillón.

Para o portavoz municipal do BNG en Barbadás, Sarín Núñez, “na nosa proposta non se fai mención expresa da ubicación destas infraestruturas, aínda que consideramos que deberan ser contiguas e o mais próximas posíbel ao núcleo das Lamas. E que nos orzamentos que o equipo de goberno redacte para o ano 2022, debera reservarse una partida especifica para os fins que persegue esta moción”.