Marina Ortega do grupo socialista esíxelle á Xunta que deixe de discriminar á cidadanía de Valdeorras cos recortes sanitarios

Marina Ortega esixe que devolvan a operatividade á UCI móbil de Valdeorras, paralizada dende hai meses “pola falta de diálogo amosada dende a Xunta de Galicia”

AVANTAR ACTIVIDADES

A parlamentaria socialista Marina Ortega vén de presentar unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Consellería de Sanidade que “deixe de discriminar á cidadanía de Valdeorras” e lle devolva ao Hospital os servizos que perdeu dende a reestruturación das áreas sanitarias. Aquela decisión supuxo que o Hospital perdera “a súa autonomía, capacidade de organización, de xestión e recursos”.

Dende a conformación das Eoxi, o Hospital perdeu ou viu limitados significativamente servizos coma cardioloxía, dermatoloxía, traumatoloxía, cirurxía, rehabilitación e, a última delas, a de radioloxía, obrigando aos pacientes a desprazarse ata dúas horas ao hospital de Ourense para ser atendidos ou ben ata consultas médicas privadas en Ponferrada. Explicou que o modus operandi de Sanidade pasa pola falla de incentivos aos profesionais, co que os servizos quedan sen cubrir.

Lamenta que “pouco a pouco o Hospital Comarcal de O Barco perde capacidade resolutiva e recursos para ofrecer á propia cidadanía o dereito a unha sanidade pública e próxima que garanta a igualdade de oportunidades con independencia de onde vivamos”. A administración competente, sinala, “ten que evitar a perda progresiva de recursos técnicos asistenciais nun hospital que xa perdeu capacidade e facultativos en numerosos servizos pola xestión errónea da Xunta”.

É o caso, dixo, de cardioloxía, uroloxía, traumatoloxía, dermatoloxía, cirurxía ou urxencias, provocando a vulnerabilidade dunha poboación que se atopa moi afastada do Hospital de Ourense, polo que “é preciso valorar a situación xeográfica para darlle cobertura de calidade á cidadanía na sanidade pública”.


Proposición non de lei para o seu debate en Pleno.

A xestión por parte do Goberno da Xunta de Galicia nos últimos anos limitou
significativamente os recursos e persoal no Hospital Comarcal de Valdeorras, o
que supón una limitación de servizos para o mantemento do benestar e saúde da
cidadanía.
Dende que se conformaron as EOXI, coa reestructuración das Áreas Sanitarias,
o Hospital Comarcal de Valdeorras, perde definitivamente a súa autonomía,
capacidade de organización, de xestión, os seus recursos son parte dun cadro
xeral adscrito a Área Ourense, O Barco de Valdeorras e Verín.
Nos últimos anos os servizos e profesionais limitáronse ata o punto de afectar
significativamente a una poboación que ten un difícil acceso ao Hospital de
Ourense, por tempo e recursos.
Así, nos últimos anos servizos como cardioloxía, dermatoloxía, traumatoloxía,
cirurxía, rehabilitación, e a última é a de radioloxía, deixaron de funcionar ou
limitaron significativamente as súas consultas ata o punto de que os pacientes
teñen que desprazarse ao Hospital de Ourense para ser atendidos ou acudir a
Ponferrada a consultas médicas privadas en moitos casos.
Con radioloxía está acontecendo o mesmo que cos servizos que se perderon nos
últimos anos, a falta de incentivos que a administración autonómica ofrece aos
profesionais fai que os servizos queden sen cubrir, afectando una vez máis
especialmente aos hospitais comarcais, así coma centros de saúde.

Así mesmo, hai que engadir que fai meses a ambulancia UCI de Valdeorras non
está operativa por falta de diálogo e xestión por parte da administración, xa que
os facultativos en Valdeorras teñen boa disposición para poñer en
funcionamento a UCI móbil, e mentres non se negocian as condicións, a Xunta
prefire investir máis recursos no desprazamento dende Ourense, cunha evidente
demora no tempo de reacción asociada á longa distancia. O que supón un risco
evidente para unha comarca totalmente afatada do Hospital de Ourense. O feito
de depender da UCI móbil de Ourense, e un tempo difícil de asumir para persoas
que se atopen en situación crítica, na que o tempo de reacción é directamente
proporcional ás posibilidades de éxito na saúde da
mesma.
A cidadanía da comarca de Valdeorras merece unha atención sanitaria igual que
o resto da cidadanía galega. O goberno galego á vez que recortou servizos neste
hospital, trouxo as camas que non servían no CHUO para este. Un feito
significativo que reflexa o trato desigual entre as distintas áreas.
Pouco a pouco o Hospital Comarcal de O Barco perde capacidade resolutiva e
recursos para ofrecer á propia cidadanía o dereito a una sanidade pública e
próxima que garanta a igualdade de oportunidades con independencia de onde
vivamos. A administración competente ten que evitar a perda progresiva de
recursos técnicos asistenciais nun hospital que xa perdeu capacidade e
facultativos en cardioloxía, uroloxía, traumatoloxía, dermatoloxía, cirurxía,
urxencias, como consecuencia dunha xestión errónea por parte do goberno da
Xunta que fixo perder coñecemento do medio asociado a una xestión a distancia.
Nunha comarca que dista do Hospital de Ourense, dúas horas dende moitos
puntos, a situación de vulnerabilidade é importante, polo que é preciso valorar a
situación xeográfica para dar cobertura de calidade á cidadanía na sanidade
pública.
Polo exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a
seguinte Proposición non de lei:

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que leve a cabo as
actuacións necesarias que revirta as limitacións nos servizos que desapareceron
no Hospital Comarcal de O Barco de Valdeorras, así coma unha acción
inmediata respecto ao que está a acontecer coa inoperancia da UCI móbil de
Valdeorras.