Este domingo pode ser un día decisivo, un día de celebración, un día histórico. O “Derbi Termal” xógase nesta ocasión no Couto, enfrontando ó C.D. Arenteiro co Ourense C.F., ás 16:45 horas. Dende o clube queren tinguir o estadio de verde, aínda máis que en Compostela.
Todos os que queiran facel, aínda poden comprar as entradas a un prezo de 10€ para adultos e 5€ para menores de 16 en Autocares Rodríguez con posibilidade de desprazarse en autobús.
O Sporting Carballiño xogará o domingo, ás 17:00 horas fronte o Seixalbo na Uceira.