Volve a desaparecer por sengunda vez a pancarta reivindicativa que a Platafoma pola defensa do transporte publico do Carballiño volveu a colocar na estacion do adif

Onte varios membros da plataforma pola defensa do transporte público do Carballiño volvían a colocar unha pancarta reivindicativa por un transporte público digno, na estación de tren da vila, logo de que desaparecera o pasado mes de xuño.

Dende a plataforma salientan que quen retirou sen permiso a pancarta non roubou unha lona senón o dereito da veciñanza a reclamar un transporte público de calidade.

AVANTAR ACTIVIDADES

Entre os integrantes da plataforma hai xeracións moi distintas pero cun mesmo obxectivo: ”Salvar o transporte público do Carballiño. Cada idade ten unhas necesidades moi distintas, pero todos precisan unha vila cuns servizos e condicións mínimos.