O Cine Club proxecta este venres o filme “La ley de Teherán”

Este venres día 7 O Cine Club proxecta no Auditorio Manuel María do Carballiño o filme iraní “La ley de teherán”, un thriller policíaco trepidante ambientado no Irán actual e centrado na loita contra o narcotráfico. Cóntanos o traballo dun policía que despois de varios anos consigue botarlle o guante a un importante narcotraficante. Porén, a historia da un xiro inesperado…Unha película de xénero que conta cunhas magnificas interpretacións.

Os pases serán ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 horas en VOS.

AVANTAR ACTIVIDADES