Chegada a mitade da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, a valoración respecto á ocupación é do 100% , cunha resposta contundente do público nesta incerteza, en sentido de amosar interese e respaldo a este evento que permite e transmite unha seguridade ao público.
Houbo unha boa acollida a todos os espectáculos, ao estreo de Teatro en Vilo, á visibilización dos creadores, con nomes importantes do teatro como a galardoada co Premio de Honra da MIT, Marta Pazos, como Agnés Mateus e Quim Tarrida (Rebota, rebota y en tu cara explota) , Noemí Rodríguez e Andrea Jiménez (Teatro en Vilo), entre outros.
O público resalta que a MIT é coma un campamento teatral do verán, con diversidade e experiencias pouco habituais, que so son posibles nun contexto como é Ribadavia.
É unha edición de redescubrimento a nivel turístico, pola expansión e apertura dos espazos de exhibición.
Estos próximos días, antes do fin de semana, teremos a oportunidade de ver a aposta pola creación contemporánea da MIT, con obras coma Tierras del Sud, unha peza de carácter documental con carga poética, que nos fai reflexionar sobre a estreita relación existente entre as grandes fortunas estranxeiras e a barbarie sobre os pobos orixinarios latinoamericanos, co desenvolvemento de novas formas de colonialismo e as diversas expresións da cultura contemporánea.
Lembramos co horario de venta en oficina da MIT é de 10 :00 h a 14:00 h e de 18:00 h a 20:30 h, e ademáis dispoñemos de venta online en www.ataquilla.com
Para mais información:
Páxina web: www.mitribadavia.gal
Tamén nas redes sociais da MIT:
@MITRibadavia
Facebook // Twitter // Instagram
email: info@mitribadavia.com