O Psdeg-Psoe de Ourense reconstitúe a agrupación local socialista de Riós

IES CHAMOSO LAMAS

O Psdeg-Psoe de Ourense reconstitúe a agrupación local socialista de Riós cun proxecto “sólido, de futuro e en crecemento continuo”

Os socialistas contarán novamente con agrupación nun concello no que o socialismo está en auxe tal e como amosaron os resultados electorais nas últimas municipais e xerais
Silvestre Pérez será o presidente, ocupando Daniel Caneiro, actual voceiro do grupo municipal no Concello, o cargo de secretario local e Marina Vaz que se ocupará da secretaría de organización

HIPER MASIDE

O PSdeG-PSOE de Ourense reconstitúe a agrupación local socialista de Riós, apupado polo auxe e crecemento dos socialistas nos últimos tempos no municipio, referendado con grandes resultados electorais nas urnas, tanto nas municipais coma nas xerais celebradas no último ano e medio.

Segundo informan fontes da dirección provincial dos socialistas ourensáns “trátase dun proxecto sólido, de futuro e en crecemento continuo tal e como amosan os apoios acadados polos socialistas en Riós nos últimos tempos”. Unha agrupación que mestura a experiencia de históricos da vila, coa chegada de sabia nova para dar máis empuxe o proxecto, que encabeza o grupo municipal socialista no Concello de Riós.

Silvestre Pérez foi elixido como presidente da agrupación, namentres que o actual voceiro socialista no Concello, Daniel Caneiro asumirá o cargo de secretario local. A tamén concelleira, Marina Vaz, ocupará o posto de secretaria de organización, dunha agrupación que xa conta con máis de 10 militantes con esta reconstitución e que xa traballa en captar a novas persoas para sumarse a un proxecto en auxe e que cada vez ten maior respaldo da veciñanza.

Os socialistas apostan deste xeito por facerse fortes nun concello no que nas últimas municipais acadaron 3 concelleiros, quedando a moi poucos votos de facerse co cuarto, aumentando nun 52,80% os apoios do electorado e provocando que o PP perdese preto de 200 votos. Un traballo que queren seguir realizando nos vindeiros anos na procura de acadar a alcaldía nas vindeiras eleccións municipais en 2023