Xa está dispoñible para descargar a aplicación que permitirá seguir en directo o escrutinio das eleccións do 12 de xullo

Closeup view of female hands holding modern smart phone and pointing fingers on the touch screen at night.Horizontal, blurred background, bokeh effects

Está dispoñible para dispositivos Android e iOS

Publicidade

O avance do escrutinio tamén se poderá seguir en tempo real na web https://resultados2020.xunta.gal, que estará operativa o domingo

Xa está dispoñible para descarga a aplicación móbil que permitirá seguir os datos de participación e o avance en directo do escrutinio das eleccións ao Parlamento de Galicia que se celebran o próximo domingo, 12 de xullo. Pode instalarse desde os markets de Android e iOS.

Ademais, os mesmos datos estarán tamén dispoñibles na web https://resultados2020.xunta.gal, que estará operativa o próximo domingo.

Así, tanto na web como na aplicación, poderán consultarse os avances de participación e tamén estarán dispoñibles os datos en tempo real do escrutinio: tanto a nivel autonómico, como detallado para cada concello galego, incluíndo comparativas coas eleccións do 2016.

Ademais da app e da web de resultados, cómpre destacar que a Xunta tamén ten operativa a páxina web https://eleccionsgalicia2020.gal/, onde se centraliza toda a información de interese relacionada co proceso electoral.

Entre outras cousas, na web pode consultarse asuntos como os distintos procedementos de voto -o prazo para depositar o voto por correo para os residentes en España remata este venres, antes das 14 horas-; o manual para as persoas integrantes das mesas; as candidaturas presentadas nas catro provincias; os resultados electorais de convocatorias anteriores; ou a lexislación de referencia.