O Sergas comprometese con Ribadavia para que volva o servizo de odontoloxía e a matrona ao centro de saúde

Onte mantivo o alcalde, César Fernández unha reunión co Xerente da área de Xestión Integrada do SERGAS na provincia de Ourense, Félix Rubial, e coa directora de atención primaria Isabel Gómez. No encontro trasladoulles a necesidade de manter todos os servizos que se prestan no centro de saúde de Ribadavia.

Publicidade

VIDEO


Houbo diferentes circunstancias que provocaron que nas últimas semanas se viran afectados algúns servizos do centro de saúde pero, tal e como lle informaron na reunión o servizo de odonotoloxía volveu xa ao funcionamento, traballando en días alternos. E o servizo de matrona reiniciarase o vindeiro luns 1 de xuño.