A Xunta envía material de protección para centros sociais e campamentos xuvenís

Fabiola García, visita o centro de día de Rois
  • Este novo reparto, e xa van dezasete, distribuirase entre 116 centros sociais, incluídos os centros de día, e os campamentos xuvenís da campaña de verán da Xunta que se desenvolven na provincia de Ourense

A Xunta segue a enviar material de protección individual  e desinfección a centros sociais e esta semana distribuíu o décimo sétimo envío entre 116 centros sociais, incluídos os centros de día de iniciativa social, e entre os cinco campamentos xuvenís que se están a desenvolver na provincia nesta segunda quincena de xullo no marco da campaña de verán da Xunta de Galicia.

Nesta entrega distribuíronse 100.127 unidades de protección individual (48.600 luvas, 51.427 máscaras, 77 batas non reutilizables e o mesmo número de batas doadas por Inditex, e 26 pantallas faciais); ademais de 458 botes de xel hidroalcólico e 187 garrafas de desinfectante.

AVANTAR ACTIVIDADES

Desde o inicio da pandemia o Goberno galego leva enviadas 1.794.390 unidades de material de protección individual a un total de 206 centros sociais da provincia de Ourense para loitar contra o coronavirus. En conxunto, foron 816.600 luvas, case 885.000 máscaras, máis de 20.100 batas (das que máis de 7.600 foron doadas por Inditex), uns 3.550 mandís, 732 pantallas, 28.000 gorros e 42.200 calzas, así como diverso material de limpeza e desinfección (7.793 botes de xel hidroalcólico e 2.946 garrafas de 5 litros de desinfectante).

Co obxectivo de loitar contra a covid-19 e garantir a axeitada protección nos centros sociais a Administración autonómica leva efectuados 17 repartos de material entre centros de maiores, menores, discapacitados, inclusión, igualdade e xuventude.